Archive for Decembro, 2009

Entregado o Altofalante do Ano á Cofradía da Dorna.

Venres, Decembro 11th, 2009

A Asociación Cultural Altofalante de Ribeira ven de entregar, por cuarto ano consecutivo, o seu máximo galardón que é o Altofalante do Ano.

Máis de 60 anos promovendo o humor, a concienciación cultural e a dinamización festeira de Ribeira foron algún dos motivos  que levaron a entregar este premio. Dase a circunstancia de que despois de tantos anos de traxectoria a Cofradía da Dorna é o primeiro premio que recibe.

O acto de entrega foi despois dunha cea no restaurante Genaro de Ribeira á que asistiron numerosas persoas. Entre elas directivos de Altofalante, co seu presidente Xose Antonio Vázquez Cobas á cabeza, e o directivos da Cofradía da Dorna encabezados polo seu presidente Francisco Martínez Sanlés.

Entre outros asistentes figuran: os concelleiros e concelleiras nacionalistas Dominga Brión, Luís Teira, Ánxeles González Cruxeiras, Francisco Ayaso e expresidentes da Cofradía como Josefa Otero Callón, Eduardo Iglesias, José Manuel Pazó entre outros.

Francisco Sanlés agradeceu públicamente a entrega do premio así como que se nomeara socio de honra de Altofalante á Cofradía.

O velada rematou coa interpretación do himno dorneiro a cargo dos gaiteiros da Dorna.

Podedes seguir a crónica do acto neste vinculo:

http://noticiasdorneiras.blogspot.com/2009/12/xa-o-temos-altofalante-2009.html