Archive for Novembro, 2009

Cea Altofalante do Ano - R e I Cofradía da Dorna.

Mércores, Novembro 25th, 2009

Altofalante, fai extensivo iste convite a todas/os ribeirenses que desexen compartir coa Cofradía e connosco a ledicía do premio. Agrandada polo feito de que iste ano sexa para unha asociación que tanto ten dinamizado á sociedade ribeirense, nomeadamente á mocidade, e traballado polo ben cultural da nosa cidade.

O sábado 5 de decembro xuntaremonos no Jenaro para homenaxear á nosa Cofradía, a de todas/os os ribeirenses. Se queres vir chama ó 638 070 867 ou mando un correo a vazquezcobas@yahoo.es , as prazas reservanse en rigorosa orde de chegada.

Asociación Cultural Cofradía da Dorna.

Mércores, Novembro 25th, 2009

A Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna constituese coma tal no ano 1991 (concretamente o día dos Santos Inocentes - 28 de nadal) e ten coma fin dar respaldo e forma ó organismo que ata entón levou o peso e correu ca organización da Festa da Dorna: a Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Nome herdado do ano 1948 cando os cofrades daquel ano decidiron darlle mais sona e caché incorporándolle o prólogo de “Real e Ilustre”.

Dende que cobrou forma legal a R. e I. Cofradía da Dorna ademais de acada-lo compromiso estatutario de organizar cada ano a Festa da Dorna, tamén se estableceron coma fins principais o fomento e desenrolo da cultura mariñeira. Deste xeito comenzouse unha labor de comunicación e achegamento á embarcación tipo dorna que a levou a sentir por tod@s aquele@s que a disfrutan, unha grande paixón que se traduce nun querer saber mais que dende a Cofradía da Dorna estamos dispostos a facilitar.

Pero a Cofradía da Dorna non só organiza a Festa, senon que ó longo do ano desenrola unha intensa actividade no ámbito cultural e lúdico, fruto deso e da conxunción do caracter dorneiro co humor naceu no ano 2003 unha parodia de La Vos de Jalisia que che invitamos a leer.

E si eres dos mais dinámicos apúntate con nós ó programa de andainas Ponte a Andar que dende o ano 2008 vimos desenrolando xunto co Concello de Riveira.


É tempo de Cogomelos.

Martes, Novembro 24th, 2009

R e I Cofradía da Dorna, Altofalante do Ano 2009.

Luns, Novembro 16th, 2009

En Ribeira a 30 de Outubro de 2009

A xunta directive da A.C. Altofalante, reunida en sesión ordinaria en Ribeira acorda:

Conceder o Altofalante do ano 2009 á Real e Ilustre Cofradía da Dorna polas seguintes razóns:

- Levan dende o ano 1948 dinamizando a sociedade ribeirense cunha proposta cultural –lúdico –festiva das máis orixinais do país.

- A actividade máis sonada, a Festa da Dorna, mobiliza todos os anos a miles de ribeirenses e ribeirensas implicándoos/as na súa organización.

- O uso que fan da lingua, un galego con rasgos característicos do bloque occidental, área fisterrá, subárea do Tambre (con gheada e seseo) contribúe ao uso do galego polas capas máis mozas da sociedade.

- A labor de recuperación e mantemento cultural no ámbito das embarcacións tradicionais, nomeadamente as dornas.

- Dinamización cultural de Ribeira coa creación de escolas de música e vela.

- Polas fazañas literarias como o Grande e Enciclopedico Dissionario de Vocablos Perdidos así como as aportacións xornalisticas no xornal de mais tirade do pais: A Vos de Jalisia.

- Por todo o sentimento de Ribeirismo que aporta a Cofradía da Dorna a identidade colectiva do noso concello.

Así pois coa ironía, a imaxinación xunguida de amizade e a camaraderia fan que os dorneiros de todo o mundo vivan e participen, para envexa dos mortais, do ceo na terra.

O espíritu crítico, a capacidade imaxinativa e a implicación da sociedade ribeirense coa Festa da Dorna que organiza a Cofradía fan que Altofalante conceda o premio Altofalante do ano 2009 á Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

A entrega do premio farase efectiva no transcurso dunha cea o sábado 5 de decembro en Ribeira onde a R e I Cofradía da Dorna será nomeada “ socio de honra” da Asociacion Cultural Altofalante.

A Asociación Cultural Altofalante fará público o fallo deste premio o dia 13 de Novembro, Dia da Dignidade de Galiza.

Xosé Antonio Vázquez Cobas

Presidente da A.C.Altofalante.

www.altofalante.org

QUEREMOS, por Nel Vidal

Mércores, Novembro 11th, 2009

Queremos que desde o goberno galego se deixen dunha vez por todas de sementar prexuízos lingüísticos baseados en falsidades como a da imposición lingüística. Queremos…

…unha radio e televisión públicas que apoien decididamente o proceso de normalización da lingua galega en todos os ámbitos. Queremos que a CRTVG cumpra a súa misión estatutaria primordial de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso do galego.

Queremos que haxa a garantía de que calquera persoa poida ser atendida en galego na administración. Queremos que as e os aspirantes a traballadoras/es públicas/os en Galiza teñan que demostrar no proceso selectivo a súa competencia práctica para desenvolver o seu traballo na lingua propia deste país, polo tanto, na lingua na que terán que desenvolver o seu traballo na administración.

Queremos software público en galego. Queremos a tradución pública á nosa lingua do software libre e a súa difusión e distribución. Queremos Mancomún.

Queremos que a Xunta lle dedique os recursos económicos necesarios ao proceso de normalización da lingua galega. Queremos que non haxa recortes nos orzamentos para a política lingüística.

Queremos o apoio decidido á creación, difusión e promoción dos produtos e servizos culturais en galego. Queremos Cultur.gal.

Queremos que a música en galego de todos os estilos ocupe espazos primordiais da programación da canle principal da Radio Galega e tamén da televisión pública. Queremos abertos por reformas, extrarradios e lumes na palleira.

Queremos que se respecten os nomes propios das nosas institucións, entidades, consellarías, organismos, concellos, etc.

Queremos poder ler na nosa lingua obras literarias tamén estranxeiras. Queremos, tamén este ano, axudas públicas á tradución.

Queremos que nas escolas infantís as nenas e os nenos poidan xogar e ir aprendendo en galego. Queremos darlles aos nosos fillos e fillas esa oportunidade. Queremos galescolas. Queremos que se retome o programa piloto de liñas de educación infantil en galego fixado no PXNLG e que en anos anteriores tivo unha gran demanda.

Queremos apoio decidido á creación cultural galega; á literatura, ao audiovisual, á música, á comunicación, á cultura tradicional, ás artes escénicas, etc. Queremos premios nacionais da cultura galega.

Queremos escoitar os cargos públicos falar na lingua propia do país e das institucións que representan. Queremos que no exercicio das súas funcións as conselleiras e os conselleiros e demais cargos públicos se expresen normalmente en galego, tanto por escrito como oralmente.

Queremos que o galego non sexa visto desde os poderes públicos como un atranco.

Queremos cinema en galego. Queremos que, cando menos, se siga actualizando e difundindo Foclos.tv, o cineclub do audiovisual galego na rede.

Queremos que se respecten e que non se poñan en dúbida os únicos nomes lexítimos dos nosos lugares, aldeas, parroquias, vilas, concellos e cidades.

Queremos o cumprimento estrito do Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo e do resto de lexislación vixente.

Queremos que desde as administracións públicas non se financien entidades que teñen como obxectivo a redución do uso –e prestixio– do galego.

Queremos a volta do Partido Popular ao consenso que supuxo o aprobado por unanimidade Plan xeral de normalización da lingua galega, pois os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos. Queremos que non haxa nin un só paso atrás. Queremos que os poderes públicos cumpran coa súa obriga e responsabilidade de apoiar o proceso de normalización da lingua galega.

… E os bebés non saben ler subtítulos. Si, tamén queremos Teletubbies en galego.

Queremos respecto…

Queremos Galego