Archive for Agosto, 2009

A luz de Bóveda quedou en Ribeira.

Mércores, Agosto 19th, 2009

Aínda chega o ecoar gaiteiro do himno de Riego, maxistralmente interpretado por Pepe Romero e o Maño, nas rúas de Ribeira. A voz de Castelao, Celso Emilio e Vítor Vaqueiro acariña o tempo nemtres o exemplo de Bóveda, que nunca se foi, vive entre nós. O domingo 16 encheu de luz e ledicia Ribeira. Xa sabedes onde para, a caron do mercado, ten placas.

Homenaxe a Alexandre Bóveda en Ribeira.

Mércores, Agosto 19th, 2009

O Acto consistirá en:

  • Intervención  e lectura de textos por parte de varias socias e socios da asociación.
  • Ofrenda floral na honra da Galiza Mártir.
  • Interpretación por gaiteiros de diversas pezas na súa memoria.
  • O acto terá unha duración aproximada de vinte minutos.

17 de agosto Día da Galiza Mártir.

Mércores, Agosto 19th, 2009

Por iniciativa dos galegos no exilio e na emigración, o día 17 de agosto foi proclamado Día da Galiza Mártir en nome de Alexandre Bóveda e de todos os demócratas e nacionalistas desaparecidos a consecuencia do alzamento fascista de 1936. As primeiras referencias a esta efemérida son do ano 1942 e apareceron no xornal A Nosa Terra.

Solicitude ao Concello para que repoña a placa na rúa de  Bóveda

Xosé Antonio Vázquez Cobas, como presidente da A.C. Altofalante, con enderezo a efectos de notificación no apartado de correos , 15960 Ribeira e con teléfono ,

Expón:

1º Alexandre Bóveda, fundador do Partido Galeguista e activo redactor e impulsor do Estatuto do 36, foi un destacado facendista que deseñou a “administración única” no ámbito tributario. Foi tamén fundador e primeiro director da Caixa de Aforros de Pontevedra. Como tantas outras persoas sufriu morte polo alzamento franquista.

A cidade de Ribeira ten unha rúa co nome deste ilustre persoeiro que na actualidade non ten placa.

3º O 17 de agosto, aniversario do seu fusilamento, celébrase o Día da Galiza Martir. Os actos de honra celébranse nos monumentos e rúas que levan o seu nome en todo o país.

Por isto,

Solicita:

A urxente colocación da placa co nome da “Rúa Alexandre Bóveda”.

En Ribeira a 23 de xullo de 2009

Xosé Antonio Vázquez Cobas

Presidente da AC Altofalante

Att: Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ribeira

Viaxe a Illa de Sálvora

Domingo, Agosto 16th, 2009