Archive for Xuño, 2009

Que bonito país !!!! e que marabillosa lingua!!!

Venres, Xuño 19th, 2009

Preme na túa terra galiza.

Que ben rolan os Altofalantes do Ano !!

Venres, Xuño 12th, 2009

Rolan e “furrulan” polas rúas e prazas do país…

De que ano será ?

IV MUIÑADA DE AMENDO

Mércores, Xuño 3rd, 2009

Xa temos as mans na fariña da Muiñada que o sabado 6 de xuño faremos en Amendo….non esquezades que, ademais dos artistas convidados, os protagonistas principais somos todos e todas nós. Non teñades reparo en manchar as mans coa fariña e participade coma sempre fixestedes.

                                                     Ó muiño!!!

 

Altofalante do ano 2008.

Luns, Xuño 1st, 2009

Por terceiro ano consecutivo a AC Altofalante distingue co seu galardón “Altofalante do Ano” a aquelas persoas ou entidades que se distinguiron pola defensa e promoción da cultura de Galiza.

Logo da deliberación dos seus socios e socias a Asociación Cultural Altofalante acorda:

Distinguir co seu galardón anual Altofalante do ano 2008 á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña polas seguintes razóns:

Por ser quen de recuperar a memoria, a dignidade e o lugar que lles corresponde na historia do noso país a moitas e moitos loitadores pola liberdade. Por mostrar o recoñecemento ao sufrimento das familias das víctimas rachando a pesada lousa de silenzo e esquecemento.

Por limpar as nosas rúas e institucións, tamén moitas mentes, do lixo e da parafernalia fascista. Por ser o núcleo, a fonte a que podemos acudir todas as asociacións que loitamos pola rehabilitación de todas as víctimas do fascismo.

Porque todo o fan con respecto, sen revanchismo e pacificamente dignificando coa vosa actitude, aínda máis se cabe, ao xeneroso pobo galego.

A entrega do premio a Manuel Monge, Presidente da C.R.M.H.da Coruña, farase efectiva no transcurso dunha cea o vindeiro sábado 22 de novembro en Ribeira.

Así mesmo por acordo da Asemblea Xeral da Asociación Cultural Altofalante, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña será nomeada “socio de honra” de dita asociación.


A Asociación Cultural Altofalante fai público o fallo deste premio o día 13 de Novembro, día da dignidade de Galiza.

Asinado: Xosé Vázquez Cobas, presidente de Altofalante


Páxina web da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña: http://www.memoriadacoruna.com/

Este mesmo día, dende Altofalante fixéronlle chegar esta socilitude ao alcalde de Ribeira:

Xosé Antonio Vázquez Cobas, como presidente da AC Altofalante de Ribeira,


EXPÓN:


Dende a AC Altofalante vimos traballando en temas de interese cultural do noso país en Ribeira. Unha das nosas liñas de actuación céntrase na recuperación da memoria histórica de Galiza. Como exemplo sirva a homenaxe que dende Altofalante fixemos ao xornalista ribeirense Manuel Lustres Rivas que foi traxicamente asesinado polos sublevados fascistas.

Xa en 2006, nos diriximos ao alcalde de Ribeira, instandoo a que iniciara os trámites oportunos para que eliminase toda a simboloxía fascista que lamentablemente aínda queda na nosa cidade (nomes de rúas, escudos, etc), xa que estes son referentes dunha ideoloxía superada e da que ninguén se considera herdeiro, que causou morte e dor e servindo así de homenaxe a todos/as os represaliados que defenderon a liberdade.

Máis agora en 2008 está en vigor a Ley da Memoria histórica (Ley 52/2007, de 26 de decembro). Esta esblece no seu artigo 15:

As Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxetos ou mencións conmemorativas de exaltación, personal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Dictadura.”

Escudo de Capitanía Marítima

Escudo de Capitanía Marítima

É pois competencia clara do concello eliminar a simboloxía fascista.

Hoxe 13 de Novembro, día da dignidade galega, sería un bo día para que o concello de Ribeira iniciase os trámites para quitar toda esta simboloxía das nosas rúas.

Ante esto o a Asociación Cultural

SOLICITA:

1º ) Que o concello de Ribeira, cumpla a Ley 52/2007, de 26 de decembro de Memoria Histórica e retire: escudos, placas e demáis simboloxía franquista.

2º) Que o concello de Ribeira cambie o nome da rúas que connoten a exaltación do antigo réxime totalitario por outros adaptados á nosa realidade galega.


Ribeira, 13 de Novembro de 2008

Día da Dignidade Galega


IV Xornada Micolóxica

Luns, Xuño 1st, 2009

Este sábado 29 de novembro, a asociación cultural Altofalante de Ribeira organiza a IV Xornada Micolóxica.

Repartirase gratuitamente unha guía dos cogomelos máis comúns e mellores de Galicia.

O punto de reunión é o CIELGA (Parque dunar de Corrubedo) ás dez da mañá. Logo sáese para recoller cogomelos (non esquezan levar unha cestiña, un coitelo ao xeito, levar nos pés un calzado idóneo e ir abrigadiños, que estamos en novembro). Logo, de volta nos muíños de Amendo, degustación do recollido, unha vez cociñado.